Análise da perda de terreos agrícolas na periferia de Lugo mediante regresións loxísticas e modelos de autómatas celulares
Título
Análise da perda de terreos agrícolas na periferia de Lugo mediante regresións loxísticas e modelos de autómatas celulares
Autor
Andrés Manuel García, Cristina Caamaño
Descripción
As melloras tecnolóxicas da revolución industrial, xeraron un proceso de concentración da poboación nas cidades e de perda dos vínculos coas zonas rurais que as rodean. Estas dinámicas orixinaron un decaemento da agricultura local e unha perda de terreos agrícolas en favor de usos urbanos. Tendo en conta os retos que presentan o cambio climático, a escaseza de combustibles e o aumento da poboación urbana, xéranse unha serie de incertezas sobre soberanía e seguridade alimentarias ás que cómpre dar resposta mediante o fomento da agricultura periurbana. No presente traballo estudarase a evolución dos usos agrícolas da cidade de Lugo. Para iso analizáronse os cambios dos usos do solo cruzando mapas de usos de varios anos e utilizando regresións loxísticas. Finalmente xerouse un mapa de probabilidade de urbanización para o ano 2021 mediante un modelo de autómata celular que se cruzou cun mapa de aptitude agrícola para coñecer as zonas de alta aptitude agrícola con risco de seren urbanizadas. A metodoloxía empregada permitiu identificar factores condicionantes da perda de usos agrícolas e as zonas onde desenvolver políticas de planeamento que permitan preservar os mellores terreos agrícolas da periferia de Lugo.
Fecha
2016
Materia
agricultura periurbana, cambios de usos do solo, crecemento urbano, modelos espaciais
Identificador
10.15304/rr.id3331
Fuente
Recursos Rurais
Editor
Universidade de Santiago de Compostela
Cobertura
Agriculture (General), Forestry
Colección
Citación
Andrés Manuel García, Cristina Caamaño, “Análise da perda de terreos agrícolas na periferia de Lugo mediante regresións loxísticas e modelos de autómatas celulares,” SOCICT Open, consulta 18 de abril de 2026, https://www.socictopen.socict.org/items/show/19043.
Position: 16987 (18 views)